Poderá reservase só a visita guiada ou a combinación de visita guiada e taller
Animación de obxectos inertes
Do 22 de marzo ao 15 de maio de 2017
Dirixido a: colexios ou asociacións
Duración: hora e media
Número mínimo: 8
Cada ilustrador ten un estilo propio que o fai único. Para iso emprega técnicas e procedementos de moi diversa índole, precisando de moita imaxinación e facendo uso de todas as posibilidades que lle brinda o seu entorno. Os participantes, facendo gala da súa imaxinación, terán que “dar vida” a obxectos aos que nunca a ninguén se lle ocorrería atribuír ningún tipo de personalidade. Poderían empregarse froitas, prendas de roupa coma calcetíns... Ao rematar a creación podería levarse a cabo a realización dunha performance cos obxectos creados, coma se de auténticos artistas se tratase.
Materiais necesarios: Cada participante deberá traer da casa aquel obxecto ao que por simpatía ou curiosidade queira “dar vida”.
Ilustración de produtos de consumo
Do 22 de marzo ao 15 de maio de 2017
Dirixido a: colexios ou asociacións
Duración: hora e media
Número mínimo: 8
Ao longo desta exposición podemos observar ilustracións de numerosos artistas que serviron de imaxe, descrición ou publicidade de moitos produtos que todos nós empregamos de xeito cotián. Logo da visita, os participantes farán uso dos coñecementos obtidos para o deseño das etiquetas dos produtos que eles elixan (como pode ser a dunha botella de auga ou un champú), facendo uso do principio de orixinalidade e da premisa de crear aquilo que vaia chamar a atención do consumidor, atendendo ás cores e formas.
Materiais necesarios: cada participante deberá traer da casa un botella de auga, un bote de champú, un cartón de cereais, unha lata de refresco... Calquera elemento baleiro e limpo.
'Animación de obxectos inertes'. Visita guiada e taller para familias
Luns 8 e martes 9 de maio de 18:00 a 19:30 h
Duración: hora e media
Nº máximo: 15 (incluídos adultos)
Cada ilustrador ten un estilo propio que o fai único. Para iso emprega técnicas e procedementos de moi diversa índole, precisando de moita imaxinación e facendo uso de todas as posibilidades que lle brinda o seu entorno. Os participantes, facendo gala da súa imaxinación, terán que “dar vida” a obxectos aos que nunca a ninguén se lle ocorrería atribuír ningún tipo de personalidade. Poderían empregarse froitas, prendas de roupa coma calcetíns... Ao rematar a creación podería levarse a cabo a realización dunha performance cos obxectos creados, coma se de auténticos artistas se tratase.
As actividades didácticas están concibidas e realizadas por Mónica Míguez González, alumna en prácticas do Máster da USC (Facultade de Xeografía e Historia)
Materiais necesarios: Cada participante deberá traer da casa aquel obxecto ao que por simpatía ou curiosidade queira “dar vida”.