fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'Momentos sen tempo'
Arte | Escultura
'Momentos sen tempo'
Antonio Souto
A obra de Antonio Souto, Ourense 1959, desenvólvese fundamentalmente a partir da deformación dunha pel, envoltura, cáscara..., ou como dixo o poeta J.A. Valente "el vacío de todo lo nacido envolvente, materno cómo inmensa morada". A pel é ese territorio que nos conforma, e que debuxa o límite máis ou menos impreciso entre o que nos pasa por dentro e o que sucede fóra.
que

Antonio presenta unha serie de esculturas  en ferro e aceiro. A pel da forma e  debuxa o  límite máis ou menos impreciso entre o que pasa dentro e o que sucede fora. Territorio fronteirizo de tensións e diálogos :

materia  -  oco

dentro - fóra

aparencia - realidade

luz - escuridade

Ao deformarse a pel aparecen as gretas, a fragmentación,  o movemento e o tempo.  Materia  e baleiro mestúranse formando un todo continuo,  que en ocasións  adopta aparencia humana. As obras son un momento neste proceso. Son obxectos nados do movemento,  como forzas contidas en constante dialogo co que permanece quieto.

 

               “ lo más urgente es encontrar un charco de agua clara

                 en donde  se reflejen nuestros rasgos “.

                                                                                     Eduardo García

 

Antonio Souto (Ourense, 1959)

Arquitecto por formación  académica chega a escultura atraído polos misterios do espacio e  a necesidade de tocar a materia coas mans. Entre as  suas últimas exposicións  individuais  están  as realizadas  na Galería Arcana en Vilagarcia de Arousa , no  Museo Municipal de Ourense  e tamen no Centro cultural  Marcos Valcarcel da mesma cidade.

Ten sido galardonado en diferentes premios:

Premio Especial materiales tubulares no V concurso de Escultura metalica ESCULMETAL 08 . Madrid

Premio “manzana de plata" na II Bienal internacional Rincón de Ademuz. Valencia.

1º premio no I  certame de escultura da Guarda

1º premio no VI certame de  arte Galeria Burela

1º premio no VI  certame Ilmo. Concello de Cangas do Morrazo.

Unha obra súa pode verse tamén nos xardíns da  Casa Museo Valle Inclán en Vilanova de Arousa.( Pontevedra).

cando e onde
Luns 12 decembro 2016 / Domingo 29 xaneiro 2017
  Centro Abanca Obra SocialPraza de Cervantes

horario
Horario de luns a venres de 11:30 a 13:30h e de 17:00 a 21:00h. Sábados, domingos e festivos de 17:00 a 21:00h.

de interese
Entrada libre Web - antoniofsouto.com
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1488282565.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1488282565.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org