fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'The observation of trifles'
Arte | Vídeo/Instalacións
'The observation of trifles'
Carlos Alba
Carlos Alba toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.'The observation of trifles' é unha obra que está na encrucillada da colección, a historia, o documento arquitectónico, o visual e a análise social. Todo iso sen esquecer a estética fotográfica e o seu valor poético que extente ao traballo que realiza co Barrio de San Pedro.
que

Carlos Alba indaga no seu traballo sobre como un estranxeiro trata de atopar o seu camiño nun novo país e nun novo barrio. Carlos Alba no papel de ‘eu son o emigrante’, descobre o Leste de Londres e os seus habitantes. Céntrase nos barrios de Tower Hamlets e Hackney xa que vive na fronteira de ambos os distritos. Segundo estatísticas recentes son os dous council máis pobres e máis de moda Londres. Un barrio que está a comezar a aburguesarse e no que xa se poden atopar unha estraña  mestura de identidades, clases sociais e culturas. Carlos toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

O mundo analítico e expresivo do artista pobóase con reproducións de mobles urbanos, paisaxes de vivendas sociais creadas entre os anos 50 e 70 para londinienses e inmigrantes con rendas baixas, papeis con notas, con debuxos, con direccións...

Tamén de fotos e rolos de películas dos cidadáns do Leste de Londres que perderon os seus recordos na cidade.

O máis importante do proxecto son as persoas que coñece grazas aos obxectos que atopa.

BARRIO DE SAN PEDRO. A Zona “C” está situada no Barrio de San Pedro, un activo barrio cunha rede veciñal participativa. Carlos Alba traballa cun grupo variado de persoas  do barrio tempo antes de inaugurar a intervención. Eles son a clave para abrirse a un mundo inexplorado, un lugar de curiosa auto–expresión, pero tamén un mundo de novas relacións e o máis importante de novas historias de vida.

Nese encontro e a modo de ‘taller de arte visual’ o artista dará nocións básicas de cultura visual e de fotografía. Finalizado o encontro, a cada persoa, daráselle unha cámara compacta desechable para que fotografe obxectos que lle lembren a alguén, as súas mascotas, a súa rúa, a súa vida diaria, a súa casa, o bar onde toma café, os seus amigos...  que eles mesmos documenten a súa realidade.

Con esta mesma base o artista colleitará material dos arquivos familiares: cartas en galego, obxectos... Un material que editará no seu estudo de Londres e co que construirá a súa historia que recollerá nun ‘fancine fotográfico’ que entragará a cada participante o día de clausura da exposición.

Carlos Alba (Madrid, 1984)

Fotógrafo madrileño residente en Londres, autor do libro ‘The Observation of Trifles’ publicado pola Fábrica. A súa obra céntrase nas relacións humanas no mundo moderno. A través de ferramentas, como obxectos e arquivo fotográfico, realiza fotografías que documentan a sociedade contemporánea.

O seu traballo foi exposto en en Festival Circulation(s) en París, Francia; Art Incubador en Lodz, Polonia; Museo de fotografía de Tesalónica en Grecia; Sala El Águila en PhotoEspaña, Madrid; Bitume PhotoFest en Lecce, Italia; Galería La Fábrica en Madrid; Foi un dos gañadores de Flash Forward UK 2016 (Magenta Fundation), Zona “C” (Auditorio de Galicia) e finalista en Grand Prix Fotofestiwal (Lodz, Polonia) e Encontros Da Imagem (Braga, Portugal). Además el libro foi seleccionado en The RPS photobooks en Londres, Impressions Gallery en Bradford e no festival SCAN de Tarragona.

Carlos Alba intervén en Zona "C" como seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística despois de que xa o fixeran Neves Seara e Jacobo Bugarín e as comisarias Mª Marco e Desirée Vidal Juncal.

Folla de sala

cando e onde
Mércores 30 novembro 2016 / Domingo 22 xaneiro 2017
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00h domingos de 14.00 a 19.00h luns pechado

de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org