fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
semente
Arte | Varios
semente
15 anos apoiando a arte emerxente
Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nesta mostra as nove edicións xa celebradas do premio Auditorio de Galicia, que está dirixido ao apoio dos creadores e creadoras máis novos da comunidade. Seleccionan 34 artistas, fosen ou non premiados, que tiveron obra nalgunha das convocatorias. Os comisarios fan un rastrexo sobre pezas destacadas pertencentes a coleccións públicas e privadas e a particulares.
que

Trinta en cinco artistas, máis da metade mulleres, con obra que xa forma parte do noso patrimonio cultural ao pasar a engrosar coleccións como a Colección Afundación, Colección Alterarte Campus de Ourense, Colección de arte contemporáneo MAC, Colección Fundación Barrié, Colección Fundación Luis Seoane, Colección MICA, Colección permanente CGAC, Deputación Provincial de Ourense (Centro 'Marcos Valcarcel), Fundación RAC ou coleccións privadas. Un traballo curatorial que se extende aos talleres dos artistas.

Son Mónica Alonso, Carla Andrade, Misha Bies Golas, Marta Bran, Mónica Cabo, María Castellanos, Rosendo Cid, Nicolás Combarro, Andrea Costas, Manuel Eirís, Suso Fandiño, Tamara Feijoo, Sara Fuentes, Amaya González Reyes, Beatriz Lobo, Carlos Maciá, Tatiana Medal, Holga Méndez, Antía Moure, Nano 4814, Álvaro Negro, Simón Pacheco, Mery Pais Domínguez, Lois Patiño, Pablo Pérez Sanmartín, Jorge Perianes, Rubén Ramos Balsa, Borja Santomé, Diego Santomé, Olaia Sendón, Federico Vladimir Strate Pezdirc, Mauro Trastoy, Damián Ucieda, Manuel Vázquez, Mar Vicente. Pero poderían ser máis.

"Un numeroso grupo de profesorado de belas artes, historiadores da arte, críticos e comisarios de recoñecida solvencia, constituíron os xurados responsables da elección dos e das artistas premiados en cada nova edición. Serían estes xurados os primeiros en entrar en contacto co conxunto de obras presentadas: un material de traballo de primeira magnitude que, sen dúbida, axudou a frutificar outros moitos proxectos expositivos e curatoriais.

Grazas a esta iniciativa case corenta artistas, nados ou residentes en Galicia, beneficiáronse deste importante galardón, e da súa contrapartida económica; ademais puideron mostrar o seu traballo nas mellores condicións e tiveron a posibilidade de utilizar o premio como cartón de presentación, no seu apartado curricular, para a consolidación do seu propio proxecto artístico.

E miles de persoas puideron gozar, nas nove exposicións realizadas, dunha excelente selección da mellor arte emerxente creada na nosa comunidade. En tempo real, mentres o proceso creativo está a producirse, tivemos acceso a un conxunto de obras palpitantes de vida e vontade expresiva: case sen darnos conta estivemos asistindo -en vivo e en directo- ao nacemento dunha nova xeración de artistas.

Con todo, estimamos que o principal mérito do Premio Auditorio de Galicia foi a súa capacidade para xerar tecido social ao redor das manifestacións máis novas da arte contemporánea, trenzando novas redes de complicidade entre todos os estamentos que conflúen nesta actividade: artistas, público, sistema crítico, coleccións públicas e institucionais, sistema comercial, institucións e xestores. Nos tempos convulsos que nos tocou vivir, esta capacidade de xerar valores sociais e  de xuntar intereses comúns ao redor das expresións culturais ha de ser considerada o patrimonio máis valioso dunha institución.

Os froitos dun proxecto de futuro para a nosa comunidade

Repasar, a día de hoxe, a lista de artistas seleccionados ao longo das sucesivas edicións do Premio Auditorio de Galicia, dános a medida exacta do acertado daquelas decisións: unha gran maioría destes mozos e mozas situáronse no primeiro plano da actividade artística peninsular, para entraren as súas obras a formar parte de importantes coleccións públicas e privadas e todos, sen excepción, demostraron coas súas realizacións posteriores o importantísimo punto de inflexión que supuxo, no enfoque e materialización dos seus proxectos artísticos, o interese suscitado con este premio.

Chegou, polo tanto, o momento da celebración, a hora de presentar en público o balance e reconto destes anos de andaina: mostrar os froitos da colleita cunha gran exposición que poña en valor os resultados do proxecto e demostre –a propios e estraños– a extraordinaria solidez do traballo artístico desenvolvido nestes últimos anos por todos os premiados e seleccionados.

O proxecto expositivo SeMente recolle obras de 36 artistas que participaron nalgunha das edicións do premio; o conxunto das obras e os e as artistas seleccionados, catro por cada unha das nove convocatorias, presenta unha significativa mostra dos traballos de toda esta xeración de novos artistas galegos ou residentes na nosa comunidade. O criterio de selección privilexiou aquelas obras que xa entraron a formar parte dalgunha das máis significativas coleccións públicas e privadas de Galicia, para confirmar desta forma a traxectoria ascendente dos seus creadores e creadoras. Ponse así de manifesto e sublíñase esa característica do Premio Auditorio de Galicia que quixemos sinalar como núcleo consubstancial do proxecto: a súa vocación social, a súa capacidade para xerar sentido e acción colectiva ao redor das prácticas artísticas contemporáneas."

Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, comisarios

 

Folla de sala

 

cando e onde
Martes 11 outubro 2016 / Domingo 26 febreiro 2017
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

horario
Horario de exposición: Todos os días de 10 a 14h e de 16 a 19h Entrada gratuíta

de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1499671388.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1499671388.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_festas_apostolo_2017.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org