fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
‘Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956’
Arte | Varios
‘Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956’
Enmarcada no centenario de nacemento do artista
Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que baixo o epígrafe Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940 – 1956 nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico. Un moment
que

Para o Auditorio de Galicia esta exposición é recordatorio e homenaxe da mostra retrospectiva que no ano Xacobeo 1993 ocupou a sala de exposicións do Auditorio, e que foi o xerme que conduciu, dous anos despois, á creación da Fundación. É por isto que, cando a fundación expón a exposición para este espazo considera oportuno que esta sede albergue, pola súa relevancia, as obras máis significativas dos fondos e a obra da primeira etapa do artista.

Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que baixo o epígrafe Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940 – 1956 nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico. Un momento excepcional no que Granell establece amizade con importantes autores surrealistas como Andre Bretón, Wifredo Lam, Roberto Matta etc.

Coa obra de estes amigos vai dando forma a unha importante colección privada, que podemos ver xunto a documentos, cartas, artigos en prensa ou en revistas especializadas etc, un universo que forma a súa equipaxe vital xa que aló onde vai leva consigo todos estes documentos que hoxe podemos ver no Auditorio de Galicia. Entre eles, documentos do seu arquivo persoal algúns que se ensinan publicamente por primeira vez e que convidan á investigación sobre Granell e o seu mundo.

Na mostra hai obras e documentos de Eduardo Abela, Alberto, Miguel Alzamora, Víctor Brauner, André Breton, José Caballero, Oscar Domínguez, Max Ernst, Esteban Francés, Jose Gausachs, Simon Hantaï, Jacques Hérold, Juan Ismael, Wifredo Lam, Ernesto Lothar, Conroy Maddox, Maruja Mallo, André Masson, R. Matta, Carlos Mérida, Joan Miró, César Moro, Wolfgang Paalen, Benjamín Palencia, Manolo Pascual, Francis Picabia, Antonio Rodríguez Luna, Antonio Saura, Vlady Serge, Saul Steinberg, Toyen, e Max Walter Svanberg.

É precisamente na súa etapa centroamericana, comprendida entre os anos 1940 e 1956, cando Eugenio Granell se interna con decisión nos espazos do surrealismo e configura con determinación a súa personalidade creativa. Así, a través da súa produción artística deste período, realizada en República Dominicana, Guatemala e Porto Rico, revisitamos a esencia dun labor influenciado pola súa fascinación polas illas: Granell pinta con intensidade, animado polas extraordinarias experiencias visuais, o clima excesivo e as culturas ancestrais do trópico. Son momentos brillantes, fecundos e fundamentais, que sinalarán o inicio do seu traxecto como artista e a conversión ao surrealismo, cambiando radicalmente a forma de ver o mundo.

Biografía de Granell

Eugenio Fernández Granell nace en A Coruña en 1912. A súa infancia e adolescencia desenvólvese en Santiago onde estuda bacharelato e música. En 1928 trasládase a Madrid onde completa os estudos de violín na Escola Superior de Música de Madrid.

Desde moi novo participou en tertulias políticas e literarias. Moi activo politicamente entra en 1935 no P.O.U.M. (Partido Obrero de Unificación Marxista). Coa estalido da Guerra Civil, en 1936, incorpórase ás milicias republicanas e dirixe o periódico “El combatiente rojo” e participou activamente na contienda no frente de Cataluña.

En 1939 inicia o exilio. Chega a París onde se reencontra co poeta surrealista francés Benjamín Péret e o pintor cubano Wifredo Lam. Granell escribe e vai enriquecendo o seu mundo con estas amistades. En Santo Domingo residiu entre 1940 y 1946, traballa como primeiro violín da orquestra sinfónica e intégrase no ambiente cultural. Funda e dirixe a revisa “La poesía sorprendida”, na que colaboran Juan Ramón Jiménez, Jorge Guillén, Pedro Salinas e Lezama Lima. Son os anos nos que inicia amizade con Andre Bretón o que o leva a comprometerse co surrealismo.

En 1946 Granell e a súa familia trasládanse a Guatemala. En 1947 a exposición Le Surréalisme na galería Maeght de París, organizada por André Breton e Marcel Duchamp intégrano activamente no movemento surrealista. A familia trasládase a Porto Rico onde ocupará a cátedra de Historia da Arte na Facultade de Humanidades. Crea con estudantes o grupo “El Mirador”, algúns contribuíron á formación da arte portorriqueña actual.

Da etapa caribeña pasa a un longa estancia de profesor universitario e madurez artística en Nova York e no ano 1985 instálase definitivamente en España e recibe numerosos premios e recoñecementos.

En 1995 establécese en Santiago a Fundación Eugenio Granell para albergar a súa obra e tamén as súas importantes coleccións surrealistas e étnica, e a partir de 1997 as obras doadas polo surrealista Philip West.

Mostras en seis institucións da cidade

Con motivo da celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell a Fundación Granell achéganos a importancia do legado deste imprescindible artista surrealista propoñendo un percorrido por diferentes  sedes da nosa cidade. Así podemos visitar exposicións adicadas ao artista na Cidade da cultura, no Museo do Pobo Galego, na Fundación Granell en Bendaña, en Novacaixagalicia e no CGAC, ademais de no Auditorio de Galicia. Un tecido graneliano no que todos poderemos gozar non so da súa obra, senón tamén de obras da súa colección, libros, cartas,  obxectos etc.

cando e onde
Mércores 4 xullo / Domingo 4 novembro 2012
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

horario
Todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 (agás os días que hai concerto, no que remata ás 19:00). A sala permanece pechada o 25 de xullo

de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1459511451.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1459511451.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
RSS galego RSS Eventos

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal