Música | ClásicaNovas orquestras
Orquesta Sinfónica Conservatorio Superior Coruña
Baixo a batuta de Sergio Añon Lijó
Martes
21 maio
| 20:30 | Auditorio de Galicia

Presenta un concerto xunto aos dous alumnos gañadores do último concurso para solistas do centro
Música | Pop/RockCompostela Rock
Hi Risers
Presentan 'Hang around with you'
Mércores
22 maio
| 21:00 | Sala Capitol

Despois dunha longa espera o trio de Rochester volveu para irse de festa contigo. E miúda festa a de “Hang Around With You”! Neste flamante álbum atópanse moitas das razóns polas que o grupo é considerado o estandarte do mellor rock&roll americano, sen aditivos, complicacións, nin moderneces. Sen ser un grupo retro, The Hi-Risers conseguen combinar os mellores e máis xenuínos estilos americanos para crear o seu burbuxeante cóctel, e dar un espectáculo en toda regra. Rock&Roll, pop, doowop, beat, surf, country... Pasen e vexan!, como sempre hai de todo... e de categoría!
Música | JazzJazz 1906
Jorge Pardo "Huellas"
VI ciclo 1906 Jazz
Mércores
22 maio
| 22:30 | Jazz Club Dado Dada

O seu último traballo si. Huellas (Cabra Road 2012) é sen dúbida o proxecto máis ambicioso deste xigante da fusión do jazz e o flamenco.
Música | VariosÍntimo&Acústico
Aaron Thomas
Presenta o seu novo disco 'The blues and greens'
Xoves
23 maio
| 21:00 | Zona "C"

Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: “The Blues and Greens” (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso. Xa quedaron amplamente demostrados o seu instinto pola melodía que engancha de primeiras nos seus anteriores traballos, “Follow The Elephants” (2007) e “Made of Wood” (2009), pero hai algo máis aquí.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Kirill Gerstein e a Real Filharmonía de Galicia
Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow
Xoves
23 maio
| 21:00 | Auditorio de Galicia

A Real Filhamronía de Galicia ofrece este concerto xunto ao pianista Kirill Gerstein dirixidos por Jean-Jacques Kantorow. Interpretarán un programa con obras de Franck, Beethoven, Bacri e Fauré. De Gerstein dixo Andrew Patner do Chicago Sun Times: “Gerstein amosa como virtuosismo e plenitude da alma poden ir da man”.
Teatro | DramaTeatro&Danza
'Viaxe a ningunha parte' de Fernando Fernán Gómez
Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón.
Varias datas | Teatro Principal

É a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame. Sofren a competencia da chegada do cine, pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buero Vallejo; convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a 'principal forza que move a terra'.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia
Dirixida por Ivor Bolton
Xoves
30 maio
| 21:00 | Auditorio de Galicia

Ivor Bolton dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn. “Non entendín un compás de música na miña vida, pero sentino”, dicía Igor Stravinski.
Música | CantautorÍntimo&Acústico
Albert Pla
Presenta 'Manifestación'
Venres
31 maio
| 21:00 | Teatro Principal

“Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 1
Catch de improvisación
Sábado
1 xuño
| 21:00 | Zona "C"

Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.
Teatro Teatro&Danza
El amor de Eloy
O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez)
Domingo
2 xuño
| 21:00 | Teatro Principal

‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.
Música | Pop/RockVerán na rúa
Segunda edición Romería Pop: Niño y Pistola
presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there'
Xoves
6 xuño
| 21:00 | Zona "C"

Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.
Música | VariosSons'13
Sés
Concerto presentación do novo disco
Venres
7 xuño
| 21:00 | Teatro Principal

Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo, "Admirando a Condición" (2011), SÉS, acompañada pola súa banda, presenta ao vivo o seu novo disco 'Co xenio destrozado' neste concerto enmarcado dentro da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS’13, e dentro do Ciclo "Cantigas de Mulleres" inspirado no CD editado homónimo por Fol Música.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian
Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada
Venres
7 xuño
| 21:00 | Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013. Neste concerto estarán dirixidos por Antoni Ros Marbá e estarán acompañados polo coro Gulbenkian; a soprano Sylvia Schwartz; a mezzosoprano Clara Mouriz; o alto Carlos Mena; o tenor Juan Antonio Sanabria e un barítono por determinar. Desta Misa, o seu primeiro editor Näggeli dixo “ é a obra musical máis grande de todos os tempos e de todos os pobos”
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 2
Catch de improvisación
Sábado
8 xuño
| 21:00 | Zona "C"

Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.
Música | ClásicaNovas orquestras
Concerto de fin de curso de alumnos da EAEM
Acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia
Mércores
12 xuño
| 20:30 | Teatro Principal

Alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen o seu festival de fin de curso. Fano acompañados por algúns dos membros da Real Filharmonía de Galicia e dirixidos por Maximino Zumalave. Interpretarán obras de Bach, Vivaldi e Mozart.
Música | Pop/RockCompostela Rock
Eilen Jewell
Presenta o seu disco 'Queen of the minor key'
Xoves
13 xuño
| 21:00 | Sala Capitol

Eilen Jewell é “a raíña do acorde menor” (Queen of the Minor Key). As cancións tristes son o seu forte. Ponlles un pouco de atención e pronto saberás por que os seus humildes e fieis seguidores admírana e adórana máis cada ano.
Teatro | ClásicoTeatro&Danza
Rosalía, os cantares das musas
A prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro por Sarabela baseada no prólogo de ‘O cabaleriao das botas azuis’ e no poemario Cantares:
Xoves
13 xuño
| 21:00 | Teatro Principal

Un home con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e converterao no duque da Gloria, un insólito ser, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis, aguilucho por gravata e bastón con axóuxere), chegará á corte escandilizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia mediante a ironía e a burla, á sociedade, dominada pola hipocresía e a vaidade así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época.