fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Música | VariosÍntimo&Acústico
Aaron Thomas Presenta o seu novo disco 'The blues and greens'
Xoves 23 maio | 21:00 | Zona "C"
Presenta o seu novo disco 'The blues and greens' Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: “The Blues and Greens” (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso. Xa quedaron amplamente demostrados o seu instinto pola melodía que engancha de primeiras nos seus anteriores traballos, “Follow The Elephants” (2007) e “Made of Wood” (2009), pero hai algo máis aquí.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Kirill Gerstein e a Real Filharmonía de Galicia Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow
Xoves 23 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto xunto ao pianista Kirill Gerstein dirixidos por Jean-Jacques Kantorow. Interpretarán un programa con obras de Franck, Beethoven, Bacri e Fauré. De Gerstein dixo Andrew Patner do Chicago Sun Times: “Gerstein amosa como virtuosismo e plenitude da alma poden ir da man”.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Domingo 26 maio | 12:00 | Palco da Alameda
...  
Teatro | DramaTeatro&Danza
'Viaxe a ningunha parte' de Fernando Fernán Gómez Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón.
Varias datas | Teatro Principal
Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón. É a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame. Sofren a competencia da chegada do cine, pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buero Vallejo; convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a 'principal forza que move a terra'.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Dirixida por Ivor Bolton
Xoves 30 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixida por Ivor Bolton Ivor Bolton dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn. “Non entendín un compás de música na miña vida, pero sentino”, dicía Igor Stravinski.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Xoves 30 maio | 20:00 | Praza da Quintana
...  
Música | CantautorÍntimo&Acústico
Albert Pla Presenta 'Manifestación'
Venres 31 maio | 21:00 | Teatro Principal
Presenta 'Manifestación' “Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 1 Catch de improvisación
Sábado 1 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisación Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  
Musical
'A nena e o grilo nun barquiño' no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013. Espectáculo musical
Sábado 1 xuño | 18:30 | Teatro Principal
Espectáculo musical ‘A nena e o grilo nun barquiño’ é un espectáculo para toda a familia que lle dá continuidade ao exitoso musical que percorreu Galicia no ano 2010 da man do programa de dinamización lingüística Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  
Teatro Teatro&Danza
El amor de Eloy O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez)
Domingo 2 xuño | 21:00 | Teatro Principal
O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez) ‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.  
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago Sección oficial: 'Fronteira'
Luns 3 xuño | 22:00 | Teatro Principal
Sección oficial: 'Fronteira' Un grupo de teatro ensaia unha versión de 12 homes sen piedade cando os interrompe unha alarma. Encontrámonos dentro da prisión de Quatre Camins e o sinal indica o illamento dos módulos. O grupo, integrado por seis presos e oito persoas do exterior, permanecerá illado por unha epidemia de orixe descoñecida. A falta de información e o temor a un posible contaxio poñerá a proba a súa fortaleza e cambiará para sempre as súas vidas. O individuo fronte ao grupo, inocentes ou culpables?  
Cinema | Curtametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago Aula de cine: 'El lápiz del carpintero'
Varias datas | Teatro Principal
Aula de cine: 'El lápiz del carpintero' Daniel Da Barca é un novo médico e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas na Galicia de 1936. A súa noiva, Marisa Mallo, filla dun coñecido oportunista reaccionario, loita dende fóra por devolverlle a liberdade. A testemuña do seu amor é Herbal, un apoucado carcereiro que asiste entre atónito e furioso ás historias e conversacións que manteñen os presos para facer máis levadeira a súa condena.  
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago Rodado en Compostela: '13 badaladas'
Luns 3 xuño | 18:00 | Teatro Principal
Rodado en Compostela: '13 badaladas' Jacobo, un novo escultor, volve á súa cidade natal despois de 20 anos de ausencia. A razón do seu regreso é a delicada saúde da súa nai, hospitalizada nun psiquiátrico. Alí reencóntrase con persoas case esquecidas, que lle axudarán a enfrontarse a uns feitos dos que leva media vida fuxindo. Isto levarao ao centro dun pesadelo sen saída, na que descubrirá algo terrible: é a peza fundamental dun enigmático plan.  
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago Sección oficial: ‘O morto e ser feliz’
Luns 3 xuño | 20:00 | Teatro Principal
Sección oficial: ‘O morto e ser feliz’ Cando un asasino a soldo español, ingresado nun hospital de Bos Aires, se decata de que está a punto de morrer, escapa e diríxese ao norte atravesando todo o país. Foxe por estradas secundarias nunha especie de tranquila peregrinación que ten algo que ver cunha moderna novela de cabalarías. Unha muller que encontrou na estrada será o seu escudeiro neste continuo avanzar fuxindo da morte e correndo, ao mesmo tempo, cara a ela.  
Varios
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago Promoción Talento galego
Martes 4 xuño | 20:00 | Teatro Principal
Promoción Talento galego Director Javi Camino Videoclip: ‘Helio, Telehones Rouges’ Traxicomedia: ‘Non ten gracia’ Traxicomedia: ‘O viúvo quere mimos’ Terror/comedia: ‘Maldito bastardo’  
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago Sección oficial: ‘La Lapidation de Saint Etienne’
Martes 4 xuño | 11:00 | Teatro Principal
Sección oficial: ‘La Lapidation de Saint Etienne’ Etienne é un ancián enfermo que vive rodeado de toda clase de obxectos que acumulou ao longo do tempo. Son recordos dun pasado tráxico que non quere esquecer. A súa soidade diaria, non obstante, vese atacada polo mobbing que fai Jeanne, a propietaria do piso onde vive, que xunto cos veciños e os servizos sociais teñen por obxectivo botalo do seu fogar. Pola súa banda, Étienne non ten ningunha intención de abandonar o seu piso, xa que vive aferrado á convicción de estar a convivir coas presenzas da súa muller e a súa filla xa falecidas. Un accidente doméstico deixará Étienne mal ferido dentro da súa vivenda. Coas súas últimas forzas intentará pedir axuda, pero só descubrirá a falta de humanidade daqueles que o rodean.  
Música | Pop/RockVerán na rúa
Niño y Pistola presentación 2ª edición Romería Pop Presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there'
Xoves 6 xuño | 21:00 | Zona "C"
Presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there' Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada
Venres 7 xuño | 21:00 | Auditorio de Galicia
Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada A Real Filharmonía de Galicia ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013. Neste concerto estarán dirixidos por Antoni Ros Marbá e estarán acompañados polo coro Gulbenkian; a soprano Sylvia Schwartz; a mezzosoprano Clara Mouriz; o alto Carlos Mena; o tenor Juan Antonio Sanabria e un barítono por determinar. Desta Misa, o seu primeiro editor Näggeli dixo “ é a obra musical máis grande de todos os tempos e de todos os pobos”  
Música | VariosSons'13
Sés Concerto presentación do novo disco 'Co xenio destrozado'
Venres 7 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Concerto presentación do novo disco 'Co xenio destrozado' Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo, "Admirando a Condición" (2011), SÉS, acompañada pola súa banda, presenta ao vivo o seu novo disco 'Co xenio destrozado' neste concerto enmarcado dentro da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS’13, e dentro do Ciclo "Cantigas de Mulleres" inspirado no CD editado homónimo por Fol Música.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 2 Catch de improvisación
Sábado 8 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisación Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1366969083.pdf http://www.auditoriodegalicia.org/
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostecapitalcultural.org
RSS galego RSS Eventos

www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultura.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacultura.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal