fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Teatro | OutrosTeatro&Danza
'Bailadelas, seis mulleres bolañesas' Programación especial Día das Letras Galegas
Varias datas | Teatro Principal
Programación especial Día das Letras Galegas Teatro Antroido presenta con motivo do Ano de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013 BaíladELAS-Seis mulleres bolañesas, dirixida por Xavier Estévez e adaptación do texto e autoría de Roi Vidal Ponte, interpretada pola actriz Laura Ponte, fundadora xunto con Roberto Vidal Bolaño da compañía Teatro Antroido, revivida para esta producción onde a persoa e as personaxes de R. Vidal Bolaño, protagonizan unha obra única para un ano único.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música Música na Rúa
Domingo 19 maio | 12:00 | Rúa do Vilar
Música na Rúa A Banda Municipal de Música de Santiago estará dirixida por Xosé C. Seráns Olveira, e interpretarán obras de L. Brage/C. Seráns, F. von Suppé, F. Chueca, B. del Rió/J. Jurado e V.Monti.  
Música | ClásicaNovas orquestras
Orquesta Sinfónica Conservatorio Superior Coruña Baixo a batuta de Sergio Añon Lijó
Martes 21 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Baixo a batuta de Sergio Añon Lijó Presenta un concerto xunto aos dous alumnos gañadores do último concurso para solistas do centro  
Música | Pop/RockCompostela Rock
Hi Risers Presentan 'Hang around with you'
Mércores 22 maio | 21:00 | Sala Capitol
Presentan 'Hang around with you' Despois dunha longa espera o trio de Rochester volveu para irse de festa contigo. E miúda festa a de “Hang Around With You”! Neste flamante álbum atópanse moitas das razóns polas que o grupo é considerado o estandarte do mellor rock&roll americano, sen aditivos, complicacións, nin moderneces. Sen ser un grupo retro, The Hi-Risers conseguen combinar os mellores e máis xenuínos estilos americanos para crear o seu burbuxeante cóctel, e dar un espectáculo en toda regra. Rock&Roll, pop, doowop, beat, surf, country... Pasen e vexan!, como sempre hai de todo... e de categoría!  
Música | JazzJazz 1906
Jorge Pardo "Huellas" VI ciclo 1906 Jazz
Mércores 22 maio | 22:30 | Jazz Club Dado Dada
VI ciclo 1906 Jazz O seu último traballo si. Huellas (Cabra Road 2012) é sen dúbida o proxecto máis ambicioso deste xigante da fusión do jazz e o flamenco.  
Música | VariosÍntimo&Acústico
Aaron Thomas Presenta o seu novo disco 'The blues and greens'
Xoves 23 maio | 21:00 | Zona "C"
Presenta o seu novo disco 'The blues and greens' Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: “The Blues and Greens” (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso. Xa quedaron amplamente demostrados o seu instinto pola melodía que engancha de primeiras nos seus anteriores traballos, “Follow The Elephants” (2007) e “Made of Wood” (2009), pero hai algo máis aquí.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Kirill Gerstein e a Real Filharmonía de Galicia Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow
Xoves 23 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow A Real Filhamronía de Galicia ofrece este concerto xunto ao pianista Kirill Gerstein dirixidos por Jean-Jacques Kantorow. Interpretarán un programa con obras de Franck, Beethoven, Bacri e Fauré. De Gerstein dixo Andrew Patner do Chicago Sun Times: “Gerstein amosa como virtuosismo e plenitude da alma poden ir da man”.  
Música | Outras músicasSons'13
Malevaje. '30 anos de tango' Camiño do seu 30 aniversario
Sábado 25 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Camiño do seu 30 aniversario MALEVAJE naceu á sombra dun local madrileño onde Antonio Bartrina, alma carismática do grupo, entoaba melodías tangueras con estraña paixón. Nos seus máis de 25 anos de traxectoria, con 12 discos no mercado, o grupo defendeu a inmortalidade do tango modernizando as súas composicións en busca dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre pero sen esquecer nunca o respecto absoluto ás raíces do xénero.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Domingo 26 maio | 12:00 | Palco da Alameda
...  
Teatro | DramaTeatro&Danza
'Viaxe a ningunha parte' de Fernando Fernán Gómez Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón.
Varias datas | Teatro Principal
Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón. É a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame. Sofren a competencia da chegada do cine, pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buero Vallejo; convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a 'principal forza que move a terra'.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Xoves 30 maio | 20:00 | Praza da Quintana
...  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Dirixida por Ivor Bolton
Xoves 30 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixida por Ivor Bolton Ivor Bolton dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn. “Non entendín un compás de música na miña vida, pero sentino”, dicía Igor Stravinski.  
Música | CantautorÍntimo&Acústico
Albert Pla Presenta 'Manifestación'
Venres 31 maio | 21:00 | Teatro Principal
Presenta 'Manifestación' “Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 1 Catch de improvisación
Sábado 1 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisación Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  
Musical
'A nena e o grilo nun barquiño' no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013. Espectáculo musical
Sábado 1 xuño | 18:30 | Teatro Principal
Espectáculo musical ‘A nena e o grilo nun barquiño’ é un espectáculo para toda a familia que lle dá continuidade ao exitoso musical que percorreu Galicia no ano 2010 da man do programa de dinamización lingüística Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  
Teatro Teatro&Danza
El amor de Eloy O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez)
Domingo 2 xuño | 21:00 | Teatro Principal
O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez) ‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.  
Música | Pop/RockVerán na rúa
Segunda edición Romería Pop: Niño y Pistola presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there'
Xoves 6 xuño | 21:00 | Zona "C"
presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there' Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada
Venres 7 xuño | 21:00 | Auditorio de Galicia
Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada A Real Filharmonía de Galicia ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013. Neste concerto estarán dirixidos por Antoni Ros Marbá e estarán acompañados polo coro Gulbenkian; a soprano Sylvia Schwartz; a mezzosoprano Clara Mouriz; o alto Carlos Mena; o tenor Juan Antonio Sanabria e un barítono por determinar. Desta Misa, o seu primeiro editor Näggeli dixo “ é a obra musical máis grande de todos os tempos e de todos os pobos”  
Música | VariosSons'13
Sés Concerto presentación do novo disco
Venres 7 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Concerto presentación do novo disco Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo, "Admirando a Condición" (2011), SÉS, acompañada pola súa banda, presenta ao vivo o seu novo disco 'Co xenio destrozado' neste concerto enmarcado dentro da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS’13, e dentro do Ciclo "Cantigas de Mulleres" inspirado no CD editado homónimo por Fol Música.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 2 Catch de improvisación
Sábado 8 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisación Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1364814536.pdf http://www.auditoriodegalicia.org/
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostecapitalcultural.org
RSS galego RSS Eventos

www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultura.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacultura.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal