Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Domingo
26 maio
| 12:00 | Palco da Alameda

Programa
Aviñó (pd)........... R. Martín Niñerola
Zampa (abertura)........... F. Herold
A Granxeira de Arlés (fantasía).......
Teatro | DramaTeatro&Danza
'Viaxe a ningunha parte' de Fernando Fernán Gómez
Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón.
Varias datas | Teatro Principal

É a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame. Sofren a competencia da chegada do cine, pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buero Vallejo; convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a 'principal forza que move a terra'.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia
Dirixida por Ivor Bolton
Xoves
30 maio
| 21:00 | Auditorio de Galicia

Ivor Bolton dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn. “Non entendín un compás de música na miña vida, pero sentino”, dicía Igor Stravinski.
Música | CantautorÍntimo&Acústico
Albert Pla
Presenta 'Manifestación'
Venres
31 maio
| 21:00 | Teatro Principal

“Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 1
Catch de improvisación
Sábado
1 xuño
| 21:00 | Zona "C"

Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.
Teatro Teatro&Danza
El amor de Eloy
O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez)
Domingo
2 xuño
| 21:00 | Teatro Principal

‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.
Cinema | Curtametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Aula de cine: 'O lapis do carpinteiro'
Varias datas | Teatro Principal

Daniel Da Barca é un novo médico e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas na Galicia de 1936. A súa noiva, Marisa Mallo, filla dun coñecido oportunista reaccionario, loita dende fóra por devolverlle a liberdade. A testemuña do seu amor é Herbal, un apoucado carcereiro que asiste entre atónito e furioso ás historias e conversacións que manteñen os presos para facer máis levadeira a súa condena.
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Rodado en Compostela: '13 badaladas'
Luns
3 xuño
| 18:00 | Teatro Principal

Jacobo, un novo escultor, volve á súa cidade natal despois de 20 anos de ausencia. A razón do seu regreso é a delicada saúde da súa nai, hospitalizada nun psiquiátrico. Alí reencóntrase con persoas case esquecidas, que lle axudarán a enfrontarse a uns feitos dos que leva media vida fuxindo. Isto levarao ao centro dun pesadelo sen saída, na que descubrirá algo terrible: é a peza fundamental dun enigmático plan.
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Sección oficial: 'Fronteira'
Luns
3 xuño
| 22:00 | Teatro Principal

Un grupo de teatro ensaia unha versión de 12 homes sen piedade cando os interrompe unha alarma. Encontrámonos dentro da prisión de Quatre Camins e o sinal indica o illamento dos módulos. O grupo, integrado por seis presos e oito persoas do exterior, permanecerá illado por unha epidemia de orixe descoñecida. A falta de información e o temor a un posible contaxio poñerá a proba a súa fortaleza e cambiará para sempre as súas vidas. O individuo fronte ao grupo, inocentes ou culpables?
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Sección oficial: ‘O morto e ser feliz’
Luns
3 xuño
| 20:00 | Teatro Principal

Cando un asasino a soldo español, ingresado nun hospital de Bos Aires, se decata de que está a punto de morrer, escapa e diríxese ao norte atravesando todo o país. Foxe por estradas secundarias nunha especie de tranquila peregrinación que ten algo que ver cunha moderna novela de cabalarías. Unha muller que encontrou na estrada será o seu escudeiro neste continuo avanzar fuxindo da morte e correndo, ao mesmo tempo, cara a ela.
Cinema
I Festival de Cine e Televisión Camiño de SantiagoTeatro Principal
Sección oficial: 'Ali'
Martes
4 xuño
| 22:00 | Teatro Principal

Alicia vive no "país de Ali", un lugar onde non é fráxil nin vulnerable. Ten dezaoito anos, unha nai, dúas amigas, un veciño e un traballo nun supermercado. Aínda que pensa que o controla todo, agora Ali namorouse e ten que atreverse a abandonar o país de Ali para asomarse ao país de Alicia.
Varios
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Promoción Talento galego
Martes
4 xuño
| 20:00 | Teatro Principal

Director Javi Camino
Videoclip: ‘Helio, Telehones Rouges’
Traxicomedia: ‘Non ten gracia’
Traxicomedia: ‘O viúvo quere mimos’
Terror/comedia: ‘Maldito bastardo’
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Sección oficial: ‘La Lapidation de Saint Etienne’
Martes
4 xuño
| 11:00 | Teatro Principal

Etienne é un ancián enfermo que vive rodeado de toda clase de obxectos que acumulou ao longo do tempo. Son recordos dun pasado tráxico que non quere esquecer. A súa soidade diaria, non obstante, vese atacada polo mobbing que fai Jeanne, a propietaria do piso onde vive, que xunto cos veciños e os servizos sociais teñen por obxectivo botalo do seu fogar. Pola súa banda, Étienne non ten ningunha intención de abandonar o seu piso, xa que vive aferrado á convicción de estar a convivir coas presenzas da súa muller e a súa filla xa falecidas. Un accidente doméstico deixará Étienne mal ferido dentro da súa vivenda. Coas súas últimas forzas intentará pedir axuda, pero só descubrirá a falta de humanidade daqueles que o rodean.
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de SantiagoTeatro Principal
Rodado en Compostela: '18 comidas'
Mércores
5 xuño
| 00:00 | Teatro Principal

Macéranse os personaxes durante unha xornada, removendo ben para que as súas historias liguen ata formar unha masa consistente e esponxosa.
Sazonar xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolle liberdade ós ingredientes para impregnarse do sabor dos outros.
Meter no forno e esperar que se cociñen a fogo lento eses anacos de vidas que non son nosas pero poderían selo.
Aliñar a gusto con risas e bágoas e , finalmente, sírvese nunha boa mesa, para que, quen o desexe, poida degustar, durante algo máis de hora e media, estas 18 comidas.
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de SantiagoTeatro Principal
Sección oficial: `'A porta fria'
Mércores
5 xuño
| 20:00 | Teatro Principal

Salva (Antonio Dechent) é un vendedor sevillano en apuros que non sabe como solucionar os seus problemas. Nunha feira de vendas coñece a Inés (María Valverde), unha bela azafata de congresos á que pide axuda. Ambos os dous organizan un plan no que está implicado Battleworth (Nick Nolte).
Cinema | Longametraxes
I Festival de Cine e Televisión Camiño de SantiagoTeatro Principal
Sección oficial: 'Lección debida'
Mércores
5 xuño
| 22:00 | Teatro Principal

Hai un ano, as vidas de Xullo, Luz e Saúl cruzáronse. Non obstante, esa casualidade non foi casual. E Alejandro viuno. Vense atrapados nunha proba onde continuar con vida é só consecuencia dos seus propios actos. Alejandro inventou un taboleiro onde Luz non sabe que peza mover. Ten medo e ten que elixir, pero elixir non implica ter liberdade.
Música | Pop/RockVerán na rúa
Niño y Pistola presentación 2ª edición Romería Pop
Presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there'
Xoves
6 xuño
| 21:00 | Zona "C"

Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.