fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Música | VariosÍntimo&Acústico
Aaron Thomas Presenta o seu novo disco 'The blues and greens'
Xoves 23 maio | 21:00 | Zona "C"
Presenta o seu novo disco 'The blues and greens' Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: “The Blues and Greens” (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso. Xa quedaron amplamente demostrados o seu instinto pola melodía que engancha de primeiras nos seus anteriores traballos, “Follow The Elephants” (2007) e “Made of Wood” (2009), pero hai algo máis aquí.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Kirill Gerstein e a Real Filharmonía de Galicia Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow
Xoves 23 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow A Real Filhamronía de Galicia ofrece este concerto xunto ao pianista Kirill Gerstein dirixidos por Jean-Jacques Kantorow. Interpretarán un programa con obras de Franck, Beethoven, Bacri e Fauré. De Gerstein dixo Andrew Patner do Chicago Sun Times: “Gerstein amosa como virtuosismo e plenitude da alma poden ir da man”.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Domingo 26 maio | 12:00 | Palco da Alameda
...  
Teatro | DramaTeatro&Danza
'Viaxe a ningunha parte' de Fernando Fernán Gómez Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón.
Varias datas | Teatro Principal
Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón. É a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame. Sofren a competencia da chegada do cine, pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buero Vallejo; convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a 'principal forza que move a terra'.  
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Banda Municipal de Música
Xoves 30 maio | 20:00 | Praza da Quintana
...  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Dirixida por Ivor Bolton
Xoves 30 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixida por Ivor Bolton Ivor Bolton dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn. “Non entendín un compás de música na miña vida, pero sentino”, dicía Igor Stravinski.  
Música | CantautorÍntimo&Acústico
Albert Pla Presenta 'Manifestación'
Venres 31 maio | 21:00 | Teatro Principal
Presenta 'Manifestación' “Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.  
Musical
'A nena e o grilo nun barquiño' no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013. Espectáculo musical
Sábado 1 xuño | 18:30 | Teatro Principal
Espectáculo musical ‘A nena e o grilo nun barquiño’ é un espectáculo para toda a familia que lle dá continuidade ao exitoso musical que percorreu Galicia no ano 2010 da man do programa de dinamización lingüística Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 1 Catch de improvisación
Sábado 1 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisación Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  
Teatro Teatro&Danza
El amor de Eloy O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez)
Domingo 2 xuño | 21:00 | Teatro Principal
O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez) ‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.  
Música | Pop/RockVerán na rúa
Niño y Pistola presentación 2ª edición Romería Pop Presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there'
Xoves 6 xuño | 21:00 | Zona "C"
Presentación do seu novo disco 'There’s a man with a gun over there' Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada
Venres 7 xuño | 21:00 | Auditorio de Galicia
Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada A Real Filharmonía de Galicia ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013. Neste concerto estarán dirixidos por Antoni Ros Marbá e estarán acompañados polo coro Gulbenkian; a soprano Sylvia Schwartz; a mezzosoprano Clara Mouriz; o alto Carlos Mena; o tenor Juan Antonio Sanabria e un barítono por determinar. Desta Misa, o seu primeiro editor Näggeli dixo “ é a obra musical máis grande de todos os tempos e de todos os pobos”  
Música | VariosSons'13
Sés Concerto presentación do novo disco 'Co xenio destrozado'
Venres 7 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Concerto presentación do novo disco 'Co xenio destrozado' Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo, "Admirando a Condición" (2011), SÉS, acompañada pola súa banda, presenta ao vivo o seu novo disco 'Co xenio destrozado' neste concerto enmarcado dentro da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS’13, e dentro do Ciclo "Cantigas de Mulleres" inspirado no CD editado homónimo por Fol Música.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Semifinal 2 Catch de improvisación
Sábado 8 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisación Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  
Música | ClásicaNovas orquestras
Concerto de fin de curso de alumnos da EAEM Acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia
Mércores 12 xuño | 20:30 | Teatro Principal
Acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia Alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen o seu festival de fin de curso. Fano acompañados por algúns dos membros da Real Filharmonía de Galicia e dirixidos por Maximino Zumalave. Interpretarán obras de Bach, Vivaldi e Mozart.  
Teatro | ClásicoTeatro&Danza
Rosalía, os cantares das musas A prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro por Sarabela baseada no prólogo de ‘O cabaleriao das botas azuis’ e no poemario Cantares:
Xoves 13 xuño | 21:00 | Teatro Principal
A prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro por Sarabela baseada no prólogo de ‘O cabaleriao das botas azuis’ e no poemario Cantares: Un home con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e converterao no duque da Gloria, un insólito ser, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis, aguilucho por gravata e bastón con axóuxere), chegará á corte escandilizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia mediante a ironía e a burla, á sociedade, dominada pola hipocresía e a vaidade así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época.  
Música | Pop/RockCompostela Rock
Eilen Jewell Presenta o seu disco 'Queen of the minor key'
Xoves 13 xuño | 21:00 | Sala Capitol
Presenta o seu disco 'Queen of the minor key' Eilen Jewell é “a raíña do acorde menor” (Queen of the Minor Key). As cancións tristes son o seu forte. Ponlles un pouco de atención e pronto saberás por que os seus humildes e fieis seguidores admírana e adórana máis cada ano.  
Teatro | OutrosTeatro&Danza
Improfighter!. Finalísima ImproChampions League Catch de improvisacion
Sábado 15 xuño | 21:00 | Zona "C"
Catch de improvisacion Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.  
Música | Pop/RockVerán na rúa
2ª edición da Romaría Pop Concertos, actividades infantís, minimúsica e moitas outras actividades gratuítas forman parte do programa.
Sábado 15 xuño | 13:00 | Parque de Belvís
Concertos, actividades infantís, minimúsica e moitas outras actividades gratuítas forman parte do programa. A Romaría Pop, a unión de música pop e o mellor ambiente festivo herdeiro das romarías tradicionais, celebrará a súa segunda edición o sábado 15 de xuño no Parque de Belvís, de Santiago de Compostela.  
Música | ClásicaNovas orquestras
'A historia do soldado' de Stravinski Grupo de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais
Martes 18 xuño | 20:30 | Teatro Principal
Grupo de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais Os alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais que forman o Grupo de Cámara da Escola ofrecen este concerto como traballo de fin de curso. Nel interpretarán 'A historia do soldado' de Stravinski dirixidos por Maximino Zumalave.  

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1364814536.pdf http://www.auditoriodegalicia.org/
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostecapitalcultural.org
RSS galego RSS Eventos

www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultura.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacultura.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal