fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Búsqueda

Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Música con pelis! Aprendendo a escoitar o cine. Didácticos Audiovisuais
Luns 18 decembro |Auditorio de Galicia
Un concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío no que traballaremos sobre a relación da música/son e imaxe no cine, facendo un repaso polo uso desta en diferentes épocas da historia audiovisual. Introduciremos aos nenos e nenas no concepto de “banda sonora”, os seus procesos e importancia, así como a presenza da música nas películas como catalizador emocional e soporte do contido audiovisual.
Música | ClásicaPrograma de Abono
O Mesias participativo de Haendel Real Filharmonía de Galicia
Venres 22 decembro | 20:30 |Auditorio de Galicia
O último concerto do ano 2017 reúne no escenario á RFG, coa Capella Amnsterdam e diversos coros non profesionais baixo a batuta do director holandés, Daniel Reuss. O concerto conta co apoio de Obra Social La Caixa.
Teatro Teatro&Danza
Nacidas Libres Contraproducións
Xoves 21 - Venres 22 decembro | 20:30 |Teatro Principal
Espectáculo de Contraproducións sobre un texto de Cándido Pazó, coa dirección de Cristina Domínguez e as atrices Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans.
Circo Teatro&Danza
A vida tola de Pajarito Pistacatro Productora de Soños
Sábado 23 decembro | 18:30 |Sala Agustín Magán (Santa Marta)
Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos, achéganos o peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo.
Música | Varios
Concerto de Nadal Sociedade Filharmónica Rias Baixas
Mércores 27 decembro | 20:30 |Teatro Principal
Xa de cheo na programación do Nadal, a Sociedade Filharmónica Rías Baixas ofrécenos un concerto para cuarteto de corda e soprano co que poñer música ás festas.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
BMSC & Escolanía da Catedral de Santiago Banda Municipal de Música de Santiago
Xoves 28 decembro | 21:00 |Catedral de Santiago
“CONCERTO DE NADAL” “BMSC &  Escolanía da Catedral de Santiago”   PROGRAMA WEIHNACHTS OUVERTÜRE (1833), Otto NICOLAI (1810 - 1849) Arr. J. P. Gómez               (Abertura de ...
Circo
Festiclown Pallas@s en Rebeldia
Xoves 28 decembro | 18:30 |Teatro Principal
Isabel Risco conudce esta Gala Solidaria protagonizada por grandes artistas do humor e do circo
Música | ClásicaPrograma de Abono
Concerto de Reis con D. Masson Real Filharmonía de Galicia
Venres 5 xaneiro | 21:30 |Auditorio de Galicia
O maestro Diego Masson será o encargado de dirixir a Real Filharmonía de Galicia no clásico concerto de Reis no que participarán os solistas Xabi Casal ao saxo e Isabel Pérez Dobarro ao piano
Música | ClásicaPrograma de Abono
A RFG estrea obra do trompetista Pacho Flores Real Filharmonía de Galicia
Xoves 11 xaneiro | 20:30 |Auditorio de Galicia
Manuel Hernández Silva, será o encargado de dirixir a Real Filharmonía de Galicia que estreará a obra "Cantos y Revueltas para trompeta y orquestra" do trompetista venezolano Pacho Flores
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración Global Complexity de Amine Asselman Nova intervención na Zona C
Venres 12 xaneiro | 20:00 |Zona "C"
Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. 'Global complexity' é unha evolución de 'Connected' unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid e que mostra a contradición da conectividade e a globalización fronte ás barreiras e as fronteiras.
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O Valo Culturactiva, SCG
Varias datas|Teatro Principal
O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara. Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Lars Vogt dirixe a RFG dende o piano Real Filharmonía de Galicia
Xoves 18 xaneiro | 20:30 |Auditorio de Galicia
Ao fronte da Real Filhamonía de Galicia estará o director e pianista alemán Lars Vogt que interpretará obras de Beethoven, Prokofiev e Stravinski
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Las Lollipops Gallaecia Eventos
Varias datas|Auditorio de Galicia
O grupo Las Lollipops, está formado por tres voces femininas: Paula Romero, Marian Ledesma , Paty Lesta e un pianista, Cristian Leggiero. Durante unha hora, con música en directo e dunha maneira moi, moi divertida, explicarán conceptos claves da música vocal e coral.
Didácticos | MúsicaPrograma Didáctico
Todo é percusión Dúas e Exire
Varias datas|Auditorio de Galicia
O espectáculo levarase a cabo polo dúo de percusión Duas e dúas bailarinas de arte contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo principal de chegar ó Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música, danza e teatro.
Didácticos Programa Didáctico
Viaxe arredor do mundo Didácticos Audiovisuais
Luns 29 xaneiro |Auditorio de Galicia
Para a 2ª sesión propoñemos unha viaxe arredor do mundo, un repaso por contidos (escenas de longametraxes, curtametraxes, anuncios publicitarios, pezas de animación) pertencentes a diversos sistemas culturais, localizacións xeográficas e tradicións artísticas.
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O poder de Amabel Cía.Pérez&Fernández
Varias datas|Teatro Principal
Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Óperas de R. Wagner Real Filharmonía de Galicia
Xoves 1 febreiro | 20:30 |Auditorio de Galicia
Baixo a batuta do maestro Paul Daniel a Real Filharmonía de Galicia interpretará fragmentos de dúas óperas de R. Wagner como son "Parsifal" e "O holandés errante", así como obras doutros compositores como A. Scriabin e C. Debussy
Música | PercusiónPrograma Didáctico
Concerto Singular Píscore e Banda Municipal de Música
Varias datas|Auditorio de Galicia
Píscore é unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. Está composta por catro virtuosos músicos que en Concerto Singular lévannos a unha dimensión musical e humorística realmente especial. Mesturando a excelencia musical e a comedia de alto nivel, Píscore actualizan o máis clásico humor mudo e anovan a disciplina cunha proposta diferente, orixinal e de calidade cunha marimba enorme no medio da acción.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Pierre Bleuse á fronte da RFG Real Filharmonía de Galicia
Xoves 8 febreiro | 20:30 |Auditorio de Galicia
O director francés Pierre Bleuse encargarase de conducir a orquesta no concerto do vindeiro xoves onde interpretarán obras de A. Honegger, A. Roussel e L.v. Beethoven
Música | ClásicaCiclo de Piano Ángel Brage
Homenaxe a Debussy e Bernstein Ciclo de Piano Ángel Brage
Xoves 15 febreiro | 20:30 |Auditorio de Galicia
Con motivo do centenario dos compositores C. Debussy e L. Bernstein o Dúo Bizjak quere rendirlles un homenaxe interpretando as súas obras como son "En blac et noir" e "Suite de West Side Story" respectivamente

www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0