A Zona “C” é o espazo máis novo da concellaría na cidade dedicado ao mundo das artes. Inaugurado en 2007 como unha aposta da Concellaría de Cultura para promover a creación de vangarda e aos novos artistas. É unha sala flexible que permite aos novos artistas intervir nun lugar cargado de historia. Intervencións plásticas, escénicas e musicais fan deste espazo un contedor vivo para unha cidade que quere ser foco creador e capital cultural permanente.
A Zona "C" está en San Domingos de Bonaval, nº1. (Coordenadas de localización: GPS: 42º 52' 55.62'' N / 8º 32' 20.74'' W)
Aaron Thomas preséntanos o seu recentemente editado novo traballo: “The Blues and Greens” (Everlasting Records 2013). É o terceiro longo de Aaron Thomas, ben acompañado como sempre pola crema musical de Madrid, (a súa cidade adoptiva) e de Barcelona, neste caso. Xa quedaron amplamente demostrados o seu instinto pola melodía que engancha de primeiras nos seus anteriores traballos, “Follow The Elephants” (2007) e “Made of Wood” (2009), pero hai algo máis aquí.
Chega a Compostela o Primeiro Campionato de Improvisación Teatral Galego. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. Interactuación total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Parellas de improvisadores procedentes das compañías Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Cada sábado un novo combate, presentado polo actor e cómico Antón Coucheiro, aínda que será o público o que decida quen será o gañador da noite.
Concerto de presentación Romería Pop a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.

Comisaria: Candela Rajal
Desde xoves 25 de abril de 2013
En colaboración con el Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC