A apertura do espazo multimedia www.e-auditoriodegalicia.net é unha ferramenta de información e comunicación que permite o acceso a textos que poderán descargarse e imprimirse para a súa consulta. E é, sobre todo, un aloxamento deseñado para facer navegables as publicacións das exposicións que ofrece a concellaría; así, poderemos ampliar as imaxes e percibir a pincelada dunha pintura ou o trazo dun debuxo, visualizar fragmentos de traballos de vídeocreación, afondar nas obras a través dos textos escritos polos propios artistas e coñecer a súa traxectoria a través dos currículos e proporcionando enlaces coas súas páxinas web ou blogs, etc.