No seu nacemento como Festival de Zarzuela no ano 2000, esta ciclo achegaba a zarzuela a Compostela no tempo do Nadal da man dos artistas de máis renome do xénero. Organizado polo Concello de Santiago e a Asociación Galega da Lírica, este certame, que mudaría de nome converténdose en Todo Lírica anos despois, foise abrindo a outros xéneros musicais de carácter popular, como o tango, a opereta, o jazz, o musical, etc., coa intención de ofrecer unha oferta musical ampla e lúdica para toda a familia na época do Nadal. Polo escenario do Teatro Principal, sede de Todo Lírica, teñen pasado cantantes de renome como Carlos Álvarez, Vivica Genaux, Manuela Custer, Ana María Sánchez, Manuel Lanza, Isabel Rey, José Manuel Zapata, Martín Oro, Ismael Jordi, José Antonio López, Isabel Monar, Simón Orfila, Lola Casariego, Elena de la Merced, etc.