Concibida como música para interpretar en pequenos recintos, o tempo transformou a música de cámara no espazo máis íntimo e profundo dos creadores. Este ciclo ofrece unha salientable variedade de formacións camerísticas que interpretan un repertorio tan rico como esixente, importante reto para os intérpretes, que lles outorga a posibilidade de desenvolver unha actividade que fortalece o seu desenvolvemento como instrumentistas e a súa capacidade como solistas. Obras de todos os períodos, estilos, correntes e procedencias musicais enchen esta programación deseñada para a Sala Mozart do Auditorio de Galicia.