Desde a súa fundación, o Auditorio de Galicia programa cada temporada un ciclo de concertos didácticos dirixidos a escolares. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, ópera, danza, teatro, jazz, fusión, música tradicional, etc. Ademais pon a disposición dos centros escolares guías didácticas para traballar na aula cos seus Mestres con anterioridade á visita ao Auditorio de Galicia e a asistencia ao concerto. Ademais de música, o programa didáctico tamén inclúe obras de teatro dirixidas aos máis novos.
Pode descargar aquí o LISTADO DE ADMITIDOS para a programación 2012/2013. Lembramos que aqueles centros que non figuren no listado pasaran a unha lista de agarda.
Nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, aparece a GUÍA DIDÁCTICA para descargar.