Falabaratos (monólogos, contos e outros shows) foi unha das novidades na programación da cidade no 2012. Neste ciclo as palabras se converten en humor e a ironía e o bo facer dos monologuistas, contadores de contos e protagonistas doutros tipos de shows materialízase en espectáculos de primeira fila a procura dun espectador disposto a pasalo ben. Nomes tan coñecidos como os de Luis Piedrahita, David Amor, Sergio Pazos, Quico Cadaval ou Godoy son algúns dos artistas que xa fixeron rir ao público santiagués.
"Diálogos en 3D", o único espectáculo teatral onde s...e pode ter o móbil aceso, onde o público poderá ser partícipe do devir da obra a través do teléfono móbil.