A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela é unha das máis antigas de Galicia, xa que nace en 1849 como agrupación de afeccionados ata que en 1876, en mans do Concello, comeza a profesionalizarse. As súas actividades máis importantes eran os concertos, denominados paseos, na Alameda ou na Rúa do Vilar, as festas da cidade, as procesións de Semana Santa e os seus concertos, no Teatro Principal na temporada de inverno e na rúa do Vilar na de verán. Estes actividades seguen a celebrarse na actualidade, e inclúen ademais concertos didácticos, intercambios culturais e actos protocolarios do Concello.
Podes descargar aquí o programa de Música na Rúa 2012, que é a programación da Banda para os meses de xuño, xullo e setembro.
A Banda Municipal de Música de Santiago estará dirixida por Xosé C. Seráns Olveira, e interpretarán obras de L. Brage/C. Seráns, F. von Suppé, F. Chueca, B. del Rió/J. Jurado e V.Monti.
...
...