fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Teatro Principal

O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela, onde se desenvolven festivais como Cineuropa, Curtocircuíto e Amal, a programación estable de teatro e danza ou a musical, con ciclos como Íntimo&Acústico, Compostela Rock, Jazz in Blue, Ciclo de Lied, entre outros, sen esquecer conferencias, entregas de premios ou presentacións dos traballos máis variados de artistas e creadores do panorama cultural galego.

O Teatro Principal está na Rúa Nova, nº 21.

Teatro | OutrosTeatro&Danza
'Bailadelas, seis mulleres bolañesas' Programación especial Día das Letras Galegas
Varias datas | Teatro Principal
Programación especial Día das Letras Galegas Teatro Antroido presenta con motivo do Ano de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013 BaíladELAS-Seis mulleres bolañesas, dirixida por Xavier Estévez e adaptación do texto e autoría de Roi Vidal Ponte, interpretada pola actriz Laura Ponte, fundadora xunto con Roberto Vidal Bolaño da compañía Teatro Antroido, revivida para esta producción onde a persoa e as personaxes de R. Vidal Bolaño, protagonizan unha obra única para un ano único.  
Teatro | DramaTeatro&Danza
'Viaxe a ningunha parte' de Fernando Fernán Gómez Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón.
Varias datas | Teatro Principal
Novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela adapta ao teatro con auténtica paixón. É a historia duns 'cómicos da legua' que percorren os camiños da España de fai décadas co obxectivo de levar un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e o fame. Sofren a competencia da chegada do cine, pero persisten en representar as súas funcións dos Irmáns Quintero ou de Buero Vallejo; convencidos de que o teatro vivirá sempre e que a dignidade é a 'principal forza que move a terra'.  
Música | CantautorÍntimo&Acústico
Albert Pla Presenta 'Manifestación'
Venres 31 maio | 21:00 | Teatro Principal
Presenta 'Manifestación' “Manifestación” é un espectáculo baseado nunha idea orixinal de Albert Pla, que xira arredor da historia dun home atrapado nunha manifestiacón eterna.  
Musical
'A nena e o grilo nun barquiño' no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013. Espectáculo musical
Sábado 1 xuño | 18:30 | Teatro Principal
Espectáculo musical ‘A nena e o grilo nun barquiño’ é un espectáculo para toda a familia que lle dá continuidade ao exitoso musical que percorreu Galicia no ano 2010 da man do programa de dinamización lingüística Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  
Teatro Teatro&Danza
El amor de Eloy O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez)
Domingo 2 xuño | 21:00 | Teatro Principal
O Eloy pesimista (David V. Muro) O Eloy romántico (Javier Martín) O Eloy racional (Raúl Gómez) ‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella.  
Música | VariosSons'13
Sés Concerto presentación do novo disco
Venres 7 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Concerto presentación do novo disco Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo, "Admirando a Condición" (2011), SÉS, acompañada pola súa banda, presenta ao vivo o seu novo disco 'Co xenio destrozado' neste concerto enmarcado dentro da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS’13, e dentro do Ciclo "Cantigas de Mulleres" inspirado no CD editado homónimo por Fol Música.  
Música | ClásicaNovas orquestras
Concerto de fin de curso de alumnos da EAEM Acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia
Mércores 12 xuño | 20:30 | Teatro Principal
Acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia Alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen o seu festival de fin de curso. Fano acompañados por algúns dos membros da Real Filharmonía de Galicia e dirixidos por Maximino Zumalave. Interpretarán obras de Bach, Vivaldi e Mozart.  
Teatro | ClásicoTeatro&Danza
Rosalía, os cantares das musas A prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro por Sarabela baseada no prólogo de ‘O cabaleriao das botas azuis’ e no poemario Cantares:
Xoves 13 xuño | 21:00 | Teatro Principal
A prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro por Sarabela baseada no prólogo de ‘O cabaleriao das botas azuis’ e no poemario Cantares: Un home con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e converterao no duque da Gloria, un insólito ser, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis, aguilucho por gravata e bastón con axóuxere), chegará á corte escandilizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia mediante a ironía e a burla, á sociedade, dominada pola hipocresía e a vaidade así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época.  
Música | ClásicaNovas orquestras
'A historia do soldado' de Stravinski Grupo de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais
Martes 18 xuño | 20:30 | Teatro Principal
Grupo de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais Os alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais que forman o Grupo de Cámara da Escola ofrecen este concerto como traballo de fin de curso. Nel interpretarán 'A historia do soldado' de Stravinski dirixidos por Maximino Zumalave.  
Humor | MonólogoFalabaratos
Oswaldo Digón, preséntanos o espectáculo 'Diálogos en 3D' Un espectáculo onde se rompe a barreira das dúas dimensións
Xoves 20 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Un espectáculo onde se rompe a barreira das dúas dimensións "Diálogos en 3D", o único espectáculo teatral onde s...e pode ter o móbil aceso, onde o público poderá ser partícipe do devir da obra a través do teléfono móbil.  
Música | IndieÍntimo&Acústico
Xoel López presenta 'Atlántico' Abrirá a velada David Quinzán, músico habitual de Xoel López e Álex Ferreira
Venres 21 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Abrirá a velada David Quinzán, músico habitual de Xoel López e Álex Ferreira ‘Atlántico’ (Esmerarte 2012), é o duodécimo traballo da carreira de Xoel, é o primeiro editado baixo o seu propio nome, deixando atrás a etapa como Deluxe. Na xira de presentación atópanse algúns dos máis destacados festivais nacionais.  
Teatro | ComediaTeatro&Danza
Sempre ao lonxe Producións Teatrais Excéntricas. Mofa e Befa
Martes 25 - Mércores 26 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Producións Teatrais Excéntricas. Mofa e Befa SEMPRE AO LONXE ou a decadencia étnica é un espectáculo tinxido pola vontade sempre didáctica e de servizo público que anima a MOFA&BEFA.  
Teatro | ComediaTeatro&Danza
'Románticos!' Mofa e Befa
Xoves 27 - Venres 28 xuño | 21:00 | Teatro Principal
Mofa e Befa A elevada temperatura emocional que só Mofa&Befa sabe crear, fará que se che derreta o touciño. Un espectáculo para gozar en parella como óptimo preludio dunha noite romántica.!  

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1366969083.pdf http://www.auditoriodegalicia.org/
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostecapitalcultural.org
RSS galego RSS Eventos

www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultura.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacultura.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal