Curtocircuíto naceu en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe e xa se converteu nun referente internacional deste formato. A Semana Oficial, celebrada cada mes de maio, conta coas seguintes seccións: Internacional, Sección Española, Sección Galega e Sección Explora, na que se escollen os mellores traballos experimentais e de innovación, sen ter en conta a súa nacionalidade. Ademais, este festival foise ampliando tanto en contidos como ao longo do calendario, cunha serie de actividades paralelas durante todo o ano: Mercado Internacional de Curtametraxes, Concertos, Obradoiros e Curtocircuíto na Rúa.
Podes consultar a web da última edición do Festival, a IX, aquí.
ABERTA INSCRICIÓN 2013: Está aberto o prazo de inscrición para o Curtocircuíto 2013 ata o 10 de febreiro do 2013. Podes descargar aquí as bases en galego, español e inglés.