fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia inaugurouse o 20 de outubro de 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia e convertelo no centro, por excelencia, para a recepción das manifestacións culturais que a cidade xera, e así mesmo converteuse en punto de referencia obrigada para a cultura musical e artística de Galicia. Este recinto polivalente, cun suxestivo espazo arquitectónico proxecto de Julio Cano Laso, participa dunha situación intermedia entre o urbano e o paisaxismo natural, no que se expresa a intención de exaltar os grandes muros de pedra como valor intemporal da arquitectura galega, constante en todo o edificio, que se acrecenta co contraste e brillo das galerías acristaladas, rodeado de amplas zonas verdes e un lago artificial. Grazas ao extraordinario deseño acústico de Lothar Cramer permitiu desenvolver en condicións inmellorables, ao longo destes máis de 20 anos, unha intensa e rica actividade cultural que inclúe ópera, teatro, danza, concertos, exposicións, etc.

O Auditorio de Galicia está na Avenida do Burgo das Nacións, s/n, C.P.:15705, Santiago de Compostela. Está aberto todos os días do ano (agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro) de 9.00 a 20.00h.

Ten un programa de Abono que se pode descargar aquí.

Web propia: http://www.auditoriodegalicia.org/

 

Música | ClásicaNovas orquestras
Orquesta Sinfónica Conservatorio Superior Coruña Baixo a batuta de Sergio Añon Lijó
Martes 21 maio | 20:30 | Auditorio de Galicia
Baixo a batuta de Sergio Añon Lijó Presenta un concerto xunto aos dous alumnos gañadores do último concurso para solistas do centro  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Kirill Gerstein e a Real Filharmonía de Galicia Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow
Xoves 23 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixidos por Jean-Jacques Kantorow A Real Filhamronía de Galicia ofrece este concerto xunto ao pianista Kirill Gerstein dirixidos por Jean-Jacques Kantorow. Interpretarán un programa con obras de Franck, Beethoven, Bacri e Fauré. De Gerstein dixo Andrew Patner do Chicago Sun Times: “Gerstein amosa como virtuosismo e plenitude da alma poden ir da man”.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Dirixida por Ivor Bolton
Xoves 30 maio | 21:00 | Auditorio de Galicia
Dirixida por Ivor Bolton Ivor Bolton dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que interpretan obras de Beethoven, Hindemith, Stravinski e Haydn. “Non entendín un compás de música na miña vida, pero sentino”, dicía Igor Stravinski.  
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada
Venres 7 xuño | 21:00 | Auditorio de Galicia
Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono da temporada A Real Filharmonía de Galicia ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013. Neste concerto estarán dirixidos por Antoni Ros Marbá e estarán acompañados polo coro Gulbenkian; a soprano Sylvia Schwartz; a mezzosoprano Clara Mouriz; o alto Carlos Mena; o tenor Juan Antonio Sanabria e un barítono por determinar. Desta Misa, o seu primeiro editor Näggeli dixo “ é a obra musical máis grande de todos os tempos e de todos os pobos”  

Exposicións

'15 cuentos breves y extraordinarios' Inauguración MARTES, 14 MAIO. Un proxecto sobre arte e discapacidade
Martes 14 maio / Domingo 29 setembro |Auditorio de Galicia
Inauguración MARTES, 14 MAIO. Un proxecto sobre arte e discapacidade ‘15 cuentos breves y extraordinarios’ é unha iniciativa pioneira en Galicia na que colaboran 15 artistas galegos de primeira fila con 15 persoas intelectualmente discapacitadas.  

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1364814536.pdf http://www.auditoriodegalicia.org/
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostecapitalcultural.org
RSS galego RSS Eventos

www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultura.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultura.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacultura.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal